- Editorial:
- XERAIS
- Any d'edició:
- 2003
- ISBN:
- 978-84-9782-051-6
- Pàgines:
- 96
- Col·lecció:
- VARIAS
A MEMORIA DO CARBALLIÑO
DIAZ / SENEN
O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño ?preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez? iníciase a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles tempos.
Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na glosa da importancia do mosteiro de Oseira, así como dos Pazos do Arenteiro e dos camiños polo Ribeiro de Avia.