- Editorial:
- XERAIS
- Any d'edició:
- 2004
- ISBN:
- 978-84-9782-184-1
- Pàgines:
- 56
- Col·lecció:
- VARIAS
CAMPOS DE CUBA
JARABA, FRAN
Tras ?Cita na Habana?, o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece ?Campos de Cuba?, álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destino? cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito.Campos de Cuba é, pois, a segunda entrega da serie que Fran Jaraba iniciara en 2000 con ?Cita na Habana?. Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega.