- Editorial:
- XERAIS
- Any d'edició:
- 2003
- ISBN:
- 978-84-9782-023-3
- Pàgines:
- 96
- Col·lecció:
- VARIAS
MONDARIZ-BALNEARIO A MEMORIA
AA.VV
O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral.
A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Álvarez Limeses, extraído da ?Geografía General del reino de Galicia?, editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.