- Editorial:
- XERAIS
- Any d'edició:
- 2003
- ISBN:
- 978-84-9782-064-6
- Pàgines:
- 392
- Col·lecció:
- VARIAS
AS CIDADES MERGULLADAS
POESÍA REUNIDA 1973-2002
MIRANDA XOSE
Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002).
Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño ?por ser estraño, ata non é profesor de Literatura, senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos?. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde 1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o Miranda que ama especialmente o verso libre, ?música composta sobre os pés esenciais dos máis antigos ritmos?, cuxa forma máis simple e consagrada é o alexandrino branco. O outro Miranda sería o que vai de «Sonetosfera», escrito en 1993, despois de varios anos de abstinencia do verso, ata os poemas últimos de «Inverno e outras ausencias». Aquí o poeta abrázase ao soneto, pezas de tensión formal rabiosa, de escollida e asumida dificultade, construídas de acordo cos máis estritos esquemas clásicos e modernos e con rimas francamente difíciles. Toda a obra, pois, un dos nosos grandes poetas.