- Editorial:
- XERAIS
- Any d'edició:
- 2003
- ISBN:
- 978-84-9782-024-0
- Pàgines:
- 112
- Col·lecció:
- VARIAS
TARXETA VERMELLA
MIRANDA XOSE
"Moitas veces marrei unha bóla que tiña segura. Tiven centos de oportunidades, tirei á portería, pero a pelota deu no largueiro, coouse polo fondo, desviouse no aire. Non sei canto tempo hai que empezou o partido. Posiblemente horas. Se cadra días. Non o sei, non lembro o comenzo..." Así comeza "Tarxeta vermella", o texto que dá título a este libro de relatos, onde o autor subverte a visión épica do fútbol a través dun monólogo de quen está a xogar un partido sen conciencia de si mesmo e que o vive como unha eterna condena. Ao xeito dun novo "Inferno" semellante ao de "!A Divina Comedia" de Dante Alighieri, este relato inquedante transmite unha crecente sensación de angustia e opresión, unha atmosfera na que paira o medo, o castigo, a violencia e a irracionalidade.
Froito dun traballo de destilación de quince anos, esta colectánea de dezasete contos de Xosé Miranda, maiormente de carácter fantástico e con indubidable arrecendo onírico e memorialístico, constitúen unha homenaxe ás mitoloxías literarias dun dos autores máis lidos e valorados da narrativa galega da última década.